InicioSociedadeA Plataforma Ulloa Viva pide ao PSdeG que rexeite o proxecto de...

A Plataforma Ulloa Viva pide ao PSdeG que rexeite o proxecto de Altri en Palas de Rei

Os veciños demandan que o Estado denegue o financiamento de fondos europeos para a planta, por posibles efectos negativos nas comarcas da Ulloa, Deza, Terras de Melide e Arzúa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma Ulloa Viva reuniuse co secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, para trasladarlle a petición de que o Estado denegue financiar o proxecto de Altri en Palas de Rei.

A este encontro acudiron Marta Gontá, Zeltia Laya e Mónica Cea por parte de Ulloa Viva, quen demandaron que “traballe para que o Goberno do Estado diga non ao financiamento que Altri solicita de fondos europeos”.

Segundo expón a plataforma nun comunicado, Besteiro comunicoulles que ao PSdeG “non lle gusta o proxecto” e “non lle ven cabida para recibir fondos europeos”.

Ulloa Viva trasladou ao líder socialista galego “o malestar e preocupación” dos veciños das comarcas da Ulloa, Deza, Terras de Melide e Arzúa polos “efectos prexudiciais para o futuro”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...