InicioSociedadeA última gran festa do verán: O Caudal Fest

A última gran festa do verán: O Caudal Fest

A choiva deixouse notar timidamente entre un ambiente de boa música, xente do norte da península, familia e amigos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os ceos nubrados e a xente con estilismos cheos de cor chegando ao recinto desta nova edición do Caudal Fest, a última gran festa do verán. No ambiente había ganas de gozar dos artistas que hoxe se citaron en Lugo, á beira do río Miño: Arde Bogota, Viva Suecia, Las Ginebras, Nil Moliner,… Camisetas estampadas en grupo, moitas familias, xente procedente de Cantabria ou Asturias, e que repite!

Durante a tarde os asistentes cantaron os coñecidos temas do grupo galego Monoulious Dop, tales como “Morrer en Jalisia”, “Candela” ou “Veranito en Jalisia”. Baile, cor, risas e moi bo ambiente durante a actuación. De seguido, chegaba un artista moi agardado, especialmente por unha canción en concreto. En primeira liña, fronte ao escenario, aglutinábanse moitas familias cos máis pequenos agardando escoitar “Libertad” de Nil Moliner.

O catalán quixo destacar a presenza da cativada e a importancia de quen valora a música en vivo e en directo. “Nun mundo con cada vez máis inxustiza e xente egoísta, tamén hai xente boa como a que está aquí hoxe no Caudal Fest”, dicía e convidaba a “non perder as esperanzas de loitar por un mundo mellor”.

Así comezou a cantar os seus temas para que os asistentes vivirán “o seu lugar paraíso”. Despois de soar “Mi religión”, “Esperando” ou “Good day”, todos agardaban unha canción convertida xa nun himno. “Soy como el aire que va a toda velocidad, somos tú y yo y mi caminar…” soaba “Libertad” e espertaba o furor do público.

Cando semellaba que xa acabara aínda lle quedaba un tema para que todo o mundo fixera o “meneito” e a súa balada por excelencia “Soldadito de hierro”. A choiva que caeu forte durante uns minutos apenas se deixou notar, máis aló de ver algún paraugas ou chuvasqueiros. A festa non facía máis que comezar e aínda quedaba moito por cantar e bailar ata pechar este Caudal Fest e… despedir o verán!

DATAS PRÓXIMO ANO

Nada máis terminar a edición deste 2024, a organización do Caudal Fest xa anunciou a data para o 2025: será os días 19 e 20 de setembro, de novo no xardín do Pazo de Feiras e Congresos.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...