Home Lugo e contorna Lugo O BNG pedirá en Europa “unha análise en profundidade” dos “efectos negativos” da planta de biogás de Coeses

O BNG pedirá en Europa “unha análise en profundidade” dos “efectos negativos” da planta de biogás de Coeses

0
O BNG pedirá en Europa “unha análise en profundidade” dos “efectos negativos” da planta de biogás de Coeses
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, cos veciños de Lugo en protesta pola fábrica de biogás de Coeses.. BNG

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, anunciou que rexistrará iniciativas no Parlamento Europeo para reclamar unha “análise en profundidade” dos “efectos negativos” sobre o medio, os recursos hídricos e dos veciños o proxecto para a instalación dunha planta de biogás en Coeses. Así o detallou este venres Ana Miranda que visitou a cidade de Lugo onde anunciou que as iniciativas destacarán a “falta de garantías ambientais” do proxecto e “reclamarán rexeitar” a solicitude de fondos europeos, en caso de solicitalos.

“Desde que se publicou o proxecto e comezou o período de alegacións, os veciños de Coeses e o resto de núcleos máis próximos están a mobilizarse pola grave afectación que a posible construción da planta terá nos seus fogares”, afirmou Miranda, que estivo acompañado polo portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, e pola deputada no Parlamento de Galicia Montserrat Valcárcel. A formación nacionalista, lembrou nun comunicado, xa rexistrou varias iniciativas no Congreso e na Cámara galega despois de que a Xunta “declarase este proxecto como iniciativa empresarial prioritaria”. Pola súa banda, Arroxo confirmou o apoio do BNG á mobilización prevista para o próximo 27 de setembro que percorrerá o centro de Lugo.

+ posts