InicioMedioambiente e PatrimonioDeclaran controlado o incendio de Palas de Rei

Declaran controlado o incendio de Palas de Rei

Segundo Medio Rural, o lume afecta, nunha estimación provisional, a unhas 40 hectáreas, e sobre as 8,30 horas deste xoves deuse por estibilizado

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Medio Rural dá por controlado o incendio que afecta o municipio de Palas de Rei, que se iniciou a pasada medianoite e que afectou tamén á localidade de Toques, na provincia da Coruña.

Segundo Medio Rural, o lume afecta, nunha estimación provisional, a unhas 40 hectáreas, e sobre as 8,30 horas deste xoves deuse por estibilizado. Agora as chamas están controladas, pero os medios de extinción segue traballando na zona.

Dase por controlado o da parroquia de Requeixo, en Chantada, iniciado o martes e que afectou a 40 hectáreas. Tamén está controlado un incendio en Guitiriz que empezou á primeira hora da mañá, cunha superficie afectada de 3,5 hectáreas; igualmente, está controlado outro incendio en Vilalba cunha superficie afectada de 1,45 hectáreas; e tamén se controlou un lume en Xermade, cunha hectárea de terreo afectada.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...