InicioLugo e contornaLugoO Caudal Fest vende 40.000 entradas para encher Lugo este venres e...

O Caudal Fest vende 40.000 entradas para encher Lugo este venres e sábado

O Caudal Fest contará nesta edición con 23 bandas e artistas, entre os que destacan grupos de ámbito nacional e internacional como Amaral, Viva Suecia, Mikel Izal e Carlos Sadness, entre outros

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Caudal Fest, que contará coa presenza de 23 artistas e bandas, encherá Lugo este venres e sábado con 40.000 entradas vendidas –20.000 asistentes cada día–.

Así o detallaron este xoves na presentación do festival na que participou o presidente a Deputación de Lugo, José Tomé Roca, a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, entre outros.

Neste sentido, o José Tomé detallou que a institución provincial achega 50.000 euros ao Concello para desenvolver esta iniciativa que é unha “aposta importantísima” para a provincia e unha “carta de presentación excelente”.

“É un evento musical de primeira orde, que atrae a miles de visitantes, dinamizando sectores como o da hostalaría e o turismo, sitúa a Lugo no mapa e actúa como motor de desenvolvemento económico e social”, apuntou o presidente provincial.

En 2023, lembrou, esta cita musical xerou un retorno económico de máis de sete millóns de euros na cidade. “Encheu hoteis, locais de hostalaría e comercios con máis de 37.000 asistentes”, explicou.

Este ano, o evento vendeu en apenas 24 horas o 60% dos seus abonos, polo que a alcaldesa destacou a “boa acollida” do cartel desta sexta edición.

O Caudal Fest contará con 23 bandas e artistas, entre os que destacan grupos de ámbito nacional e internacional como Amaral, Viva Suecia, Mikel Izal e Carlos Sadness, entre outros.

AUTOBUSES LANZADEIRA

O Concello facilitará autobuses gratuítos cada 15 minutos desde o centro da cidade ata as inmediacións do recinto do festival, tanto de ida como de volta.

O transporte sairá desde a praza de Bretaña en ambas as xornadas, con saídas continuadas desde as 16.30 horas ata as 03.45 horas.

SAN FROILÁN MIÚDO

Por outra banda, a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción dá Lingua, Maite Ferreiro, presentou este xoves a programación que dará forma ao espazo infantil do San Froilán 2024, o San Froilán Miúdo.

As actividades para o público familiar, destacou, son un dos “alicerces principais” das festas cunha oferta que este ano inclute propostas para toda a familia.

O San Froilán Miúdo contará en total con tres xornadas de xogos interactivos para toda a familia, oito actuacións para todos os públicos na carpa da avenida Anxo López Pérez e catro espectáculos itinerantes para todos os públicos, a celebrar entre o 5 e o 12 de outubro.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...