InicioMedioambiente e PatrimonioUlloa Viva vincula os lumes en Portugal coa industria da pasta de...

Ulloa Viva vincula os lumes en Portugal coa industria da pasta de papel

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, denunciou no pleno da Eurocámara que o PP "manobra" na Comisión de Peticións para que as denuncias de Ulloa Viva presentadas contra este proxecto industrial non sexan debatidas no órgano o 3 de outubro pola vía de urxencia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma Ulloa Viva, un dos principais colectivos que se opoñen á instalación da factoría de Altri en Palas de Rei, alerta da vinculación dos incendios que arrasan miles de hectáreas en Portugal coa proliferación das plantacións de eucaliptos e a industria pasteira.

“Non imos consentir que isto pase tamén en Galicia e un goberno da Xunta responsable tampouco o permitiría”, sinalou esta plataforma nun comunicado no que lembra que o país veciño xa viviu, en 2017, unha vaga de incendios con vítimas mortais que en boa parte debeuse ao “modelo forestal que as súas industrias pasteiras implementaron”. De feito, mencionan dúas empresas: Altri e Navigator.

Neste sentido, Ulloa Viva lembra que a fábrica de fibras téxtiles e pasteira que se instalaría en Pas empregaría 1,2 millóns de toneladas de eucalipto ao ano. Ademais, o informe do Consello da Cultura Galega advertiu que habería que plantar outras 190.000 hectáreas máis desta especie, un modelo que en Portugal “arrasa o territorio e mesmo as vidas” dos veciños.

Así mesmo, nunha semana na que o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, situouse claramente en contra da instalación desta planta, a plataforma critica á Xunta por quedar “soa” na defensa do proxecto industrial.

Por iso, pide ao presidente galego, Alfonso Rueda, e a todo o seu goberno que “se poña ao lado dos técnicos, dos científicos e dos veciños” e “que atenda a todas as voces que lle están advertindo dos perigos deste proxecto e refugue dunha vez por todas” a “macrucelulosa” de Altri en Pas.

DENUNCIA DE ANA MIRANDA NA EUROCÁMARA

Por outra banda, este martes a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, denunciou no pleno da Eurocámara que o PP “manobra” na Comisión de Peticións para que as denuncias de Ulloa Viva presentadas contra este proxecto industrial non sexan debatidas no órgano o 3 de outubro pola vía de urxencia.

A representante nacionalista asegura que hai “intentos” do PP, tanto o galego como o estatal, para impedir que estas persoas acudan “a comparecer e ser escoitadas” no Parlamento Europeo, porque os populares –engadiu– prefiren escoitar ás multinacionais que aos membros da Plataforma Ulloa Viva”.

ÚLTIMAS

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...

Obras de rehabilitación en ligazóns da A-6 e A-8 en Begonte provocarán cortes de circulación durante tres semanas

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable inicia este xoves, 21 de novembro, as obras...

Un lucense gaña 2,6 millóns co Eurojackpot da ONCE

Un veciño da provincia de Lugo gañou 2,6 millóns de euros co Eurojackpot do...