InicioSucesosTrasladada unha muller tras perder o coñecemento mentres facía unha ruta pola...

Trasladada unha muller tras perder o coñecemento mentres facía unha ruta pola parroquia de Santa María de Alta

Segundo informa o 112 Galicia, sobre as 20.30 horas recibiu unha chamada dun particular indicando que unha das participantes na actividade, celebrada na parroquia de Santa María de Alta, acababa de perder o coñecemento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller tivo que ser trasladada en ambulancia ata o hospital na tarde do mércores tras perder o coñecemento mentres facía unha ruta en Lugo. Segundo informa o 112 Galicia, sobre as 20.30 horas recibiu unha chamada dun particular indicando que unha das participantes na actividade, celebrada na parroquia de Santa María de Alta, acababa de perder o coñecemento.

Durante a chamada, advertiu que a ambulancia non podía chegar ata o lugar. Así, o 112 solicitou a acción dos bombeiros de Lugo, da Policía Nacional e da Local, ademais de Urxencias Sanitarias-061. Unha vez alí, os bombeiros encargáronse de levar á persoa afectada ata a ambulancia, na que foi evacuada ao centro hospitalario de referencia.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...