Home Lugo e contorna Trasladado un home con síntomas de intoxicación por fume tras un incendio nunha ferraxaría

Trasladado un home con síntomas de intoxicación por fume tras un incendio nunha ferraxaría

0
Trasladado un home con síntomas de intoxicación por fume tras un incendio nunha ferraxaría
Arquivo - Sede do 112, Axega. 112 - Arquivo

Un home tivo que se trasladado con síntomas de intoxicación por fume tras un incendio no almacén dunha ferraxaría, situada na rúa de Valdriz, na Pobra de San Xiao. Segundo informou o 112, foi un particular o que ao fío das 16:00 horas deste venres deu a voz de alarma e detallou que o lume era bastante virulante.

Ata o punto desprazáronse os Bombeiros de Sarria e a central de emerxencias puxo os feitos en coñecemento do Concello e do servizo contra incendios da zona. Os Bombeiros procederon a ventilar e a arrefriar a zona, xa que o lume fose extinguido polo propio alertador, e indicaron que ardese uns plásticos. No operativo tamén participou a Garda Civil e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que evacuaron ao home ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

+ posts