InicioSucesosDetidos seis homes en Lugo por ter traballando a empregados sen contrato

Detidos seis homes en Lugo por ter traballando a empregados sen contrato

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a seis homes, veciños de Lugo, como autores dun delito contra a seguridade dos traballadores por ter empregadas a persoas “sen cumprir as condicións legalmente establecidas”.

Segundo informa, tras ter coñecemento dunha posible práctica laboral ilegal, os investigadores puxeron en marcha unha operación para comprobar a veracidade dos feitos e confirmaron que os agora detidos tiñan traballando a terceiras persoas “sen ningún tipo de requisito legal cumprimentado“.

O traballo, explica, consistía na repartición a domicilio a través dunha plataforma en liña onde recibían e realizaban os pedidos. Na mesma, figuraban como titulares os detidos, que se estaban dados de alta legalmente, pero o traballo realizábano persoas “sen cumprir as condicións legalmente establecidas”.

Por este motivo, os axentes da Policía Nacional procederon á detención do seis involucrados como autores dun delito contra a seguridade dos traballadores, os cales foron postos a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...