InicioMedioambiente e PatrimonioCase 1.600 persoas participarán en setembro no programa Coñece a túa provincia...

Case 1.600 persoas participarán en setembro no programa Coñece a túa provincia da Deputación

As visitas realízanse con guías profesionais

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo arrincou este martes a segunda quenda de viaxes da cuarta edición do programa Coñece a túa provincia, e neste mes de setembro faranse excursións gratuítas (os martes, mércores, xoves e venres) nas que participarán case 1.600 persoas de 69 entidades.

As primeira entidades en gozar desta nova quenda son as asociacións veciñais Alexandre Bóveda Paradai de Lugo e Penas de San Xoán de Alaxe, do Valadouro. No primeiro caso, visitaron o Mazo de Santa Comba, Sober e Monforte; mentres que o colectivo do Valadouro coñeceu a Granxa Gayoso Castro e o municipio de Negueira de Muñiz.

Este programa contou, na súa primeira quenda (xuño e xullo) con 250 viaxeiros de 11 asociacións e, na segunda quenda que comeza este martes xa están anotadas 1.587 persoas.

Coñece a túa provincia é un programa gratuíto que goza de gran éxito, tanto pola participación como polo impacto económico nos municipios onde se realizan as viaxes. A iniciativa está dirixida a asociacións e colectivos sen ánimo de lucro de toda a provincia e consiste en viaxes en grupos reducidos, dunha xornada de duración, por diversos puntos da xeografía lucense, en rutas polo patrimonio natural, histórico, cultural e gastronómico.

O programa inclúe o transporte para os traslados de ida e volta, pólizas de seguros, comida, entradas e visitas aos diferentes lugares de interese. As visitas realízanse con guías profesionais.

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, destacou a importancia desta iniciativa para “impulsar o turismo de proximidade” e pór en valor o patrimonio da provincia.

ÚLTIMAS

Lugo adxudica o proxecto da pasarela do Carril das Flores

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo adxudicou este mércores o proxecto...

Investigan a morte da muller arremetida por unha vaca no San Froilán

O falecemento dunha muller tras ser arroiada por unha vaca durante o desfile de...

Lugo recibirá 15 menores migrantes da cota distribuída polo Goberno

A cidade de Lugo acollerá a un grupo de 15 menores migrantes da cota...

Rede Museística Provincial, un modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto da...