InicioA UlloaPalas de ReiYolanda Díaz rexeita de maneira 'radical' o proxecto de Altri en Palas...

Yolanda Díaz rexeita de maneira ‘radical’ o proxecto de Altri en Palas de Rei

A número tres do Executivo central mantivo na tarde este martes un encontro en Agolada con represententes da plataforma Ulloa Viva, que encabezan o movemento social contra a implantanción da factoría da compañía portuguesa en Palas de Rei

PUBLICADA O

- Advertisement -

A vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, expresou este martes o seu rexeitamento “radical” ao proxecto da multinacional portuguesa Altri na comarca da Ulloa, que apelou a “parar colectivamente como pobo” porque, ao seu xuízo, pon en risco os “valores ambientais” e que Galicia conte cun modelo produtivo “sustentable”.

A número tres do Executivo central mantivo na tarde este martes un encontro en Agolada con represententes da plataforma Ulloa Viva, que encabezan o movemento social contra a implantanción da factoría da compañía portuguesa en Palas de Rei.

Díaz atendeu aos medios xunto á portavoz da plataforma, Marta Gontá, que agradeceu a presenza da ministra de Traballo na comarca da Ulloa este martes e expresou a súa confianza en que se converta “no maior garante” para “frear este proxecto que non vai traer máis nada que pobreza”.

Acompañada no acto por membros de Sumar como os deputados galegos Verónica Martínez Barbero e Manuel Lago, a vicepresidenta considerou que o proxecto ideado pola multinacional portuguesa, que combina a produción de pasta de papel coa fabricación de fibras téxtiles, non é compatible cun modelo “sustentable” co “modo de produción” ou a “cultura” de Galicia.

Díaz subliñou a súa posición “radicalmente en contra” de que se desenvolva un proxecto industrial que ve “altamente contaminante”, que “vulnera os valores ambientais” de Galicia e “pon en risco a saúde pública da poboación”.

Tamén puxo o foco na “carencia de valores democráticos primarios” cos que, ao seu xuízo, operaron os promotores da iniciativa empresarial. “Os proxectos, cando se sitúan en enclaves como este, teñen que estar validados e compartidos coas poboacións nas que se sitúan”, apostilou a ministra.

Neste sentido, insistiu en que Galicia “necesita proxectos que teñan que ver cun modo de produción primario que non sexa agresivo” e que teña capacidade de xerar “postos de traballo de calidade e non fakes”, xa que dubida das cifras de creación de emprego anunciados polos promotores.

“Os 2.500 postos de traballo non llos cre ninguén”, apostilou Díaz, que censurou as “promesas absolutamente baleiras” antes de apelar á cidadanía galega a “saír en defensa” da súa contorna e dun espazo, en alusión á comarca da Ulloa, “que é único neste país”.

“O meu compromiso como vicepresidenta vai ser loitar contra a localización e o desenvolvemento deste proxecto. E cónstame que os grupos políticos que nos acompañan tamén o farán así”, dixo en alusión a Sumar, para, a continuación, mostrar a súa confianza en que “finalmente” se “impoña” o “sentido común” e a presión “colectiva” permita “parar esta barbarie”.

SINALA Á XUNTA

A preguntas dos xornalistas, Díaz afirmou que o Goberno central non é “copartícipe” do “deseño e autorización” do proxecto e unicamente ten potestade de incluír, a través do Ministerio de Industria, a iniciativa empresarial dentro do PERTE, un asunto que, dixo, “non lle compete” a ela persoalmente.

Por tanto, responsabilizou á Xunta de estar “á beira, como sempre, dunha grandísima multinacional”. “Aínda recordo aqueles días nos que mesmo na web da Xunta promocionaban Galicia como unha mina”, aseverou Díaz, que cre que o PP “sempre” está á beira de “as multinacionais” e “nunca á beira da xente e do país”.

ÚLTIMAS

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...

Obras de rehabilitación en ligazóns da A-6 e A-8 en Begonte provocarán cortes de circulación durante tres semanas

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable inicia este xoves, 21 de novembro, as obras...

Un lucense gaña 2,6 millóns co Eurojackpot da ONCE

Un veciño da provincia de Lugo gañou 2,6 millóns de euros co Eurojackpot do...