InicioTerra CháCastro de ReiA estrada LU-P-1105 en Castro de Rei cortada este martes por obras...

A estrada LU-P-1105 en Castro de Rei cortada este martes por obras na vía

A Deputación de Lugo anunciou que a partir deste martes, día 13 de agosto, e ata o vindeiro luns, día 19, quedará cortada a estrada provincial LU-P-1105 ao seu paso por Castro de Rei debido ás obras que se están realizando na devandita vía

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo anunciou que a partir deste martes, día 13 de agosto, e ata o vindeiro luns, día 19, quedará cortada a estrada provincial LU-P-1105 ao seu paso por Castro de Rei debido ás obras que se están realizando na devandita vía.

Tal como indicou o ente provincial, o corte afectará o tramo que vai desde o punto quilométrico 3,365 ata o 6,003, polo que se habilitarán desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.

A semana pasada, a Deputación anunciou o inicio das obras de mellora da estrada que conecta Ponche de Outeiro co cinto comarcal en Castro de Rei.

Os traballos, nos que se invisten case 130.000 euros, consisten na reapertura das cunetas, pavimentación con aglomerado en quente e na reposición da sinalización.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Candia trata medidas con AdisLugo para compatibilizar actividades económicas coas ZBE

  A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión con representantes de AdisLugo, a...