InicioSucesosFalece unha persoa e outra resulta ferida grave nunha colisión entre un...

Falece unha persoa e outra resulta ferida grave nunha colisión entre un coche e un camión na LU-530, ao seu paso por Gondar

O sinistro produciuse sobre as 18.00 horas deste martes entre o quilómetro 11 e 12.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa faleceu e outra resultou ferida grave tras producirse unha colisión entre un turismo e un camión na estrada LU-530, no termo municipal de Lugo. O sinistro produciuse sobre as 18.00 horas deste martes entre o quilómetro 11 e 12 da LU-530, ao seu paso pola parroquia lucense de Gondar.

Foron varios os particulares que alertaron ao 112 Galicia deste accidente, indicando que un camión e un coche chocaran frontalmente. Segundo a información recollida polos operadores do 112, o camión transportaba madeira, pero no momento do accidente non levaba carga. Pola súa banda, no coche viaxaban dúas persoas que necesitaban asistencia sanitaria urxente.

Con esta información, solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Lugo, así como á Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. Xa no lugar, o persoal sanitario non puido facer nada por salvar a vida da vítima. Ademais, a outra persoa ocupante do turismo foi trasladada polos servizos sanitarios.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...