Unha muller resultou ferida este martes tras producirse unha colisión con dous vehículos implicados no municipio lucense de Castro de Rei.
Segundo informou o 112 Galicia, foi o sistema de alerta dun dos vehículos o que permitiu á ocupante ferida contactar coa central de emerxencias para solicitar axuda.
Ao ter coñecemento dos feitos, os operadores do 112 deron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como aos Bombeiros de Vilalba e á Garda Civil de Tráfico.
Xa no lugar, os servizos de emerxencias tiveron que excarcerar á ferida. Ademais, os servizos sanitarios confirmaron que enviaron ao momento dúas ambulancias, aínda que só tiveron que trasladar a unha muller.