InicioCulturaRábade inaugura este martes a tradicional exposición Imaxes do Nadal

Rábade inaugura este martes a tradicional exposición Imaxes do Nadal

A mostra itinerante do centro José Domínguez Guizán de Begonte e o Grupo Fotográfico Fonmiñá de Lugo realiza a segunda parada

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Casa do Concello de Rábade albergará a exposición fotográfica Imaxes do Nadal, mostra itinerante que forma parte da programación do 47.º Nadal en Begonte. Dende as 11.00 horas do martes 18 de decembro, as instantáneas quedarán expostas co auspicio do centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte (entidade promotora do Belén Electrónico de Begonte) e o Grupo Fotográfico Fonmiñá de Lugo.

A Casa Habanera de Guitiriz foi o anterior escenario da exposición | Concello de Guitiriz

Da mostra participan os fotógrafos lucenses Eduardo Ochoa, Miguel Calvo, Eduardo Gago, Miguel Fraga, Xosé Manuel Otero, José Manuel Guisasola, Gerardo L. Méndez, Hixinio Flores e Toñi Fernández Ónega (in memoriam). No pasado ano, Imaxes do Nadal ofreceuse ao público en Lugo, Begonte e Chantada; este ano, en Guitiriz, Rábade e Vilalba, e en próximos anos seguirá percorrendo a Terra Chá como aportación ás festas do Nadal.

Xunta de Galicia

As 39 fotografías desta exposición conforman unha perspectiva poliédrica de temas do Nadal, comprendendo visións tradicionais, humanas e paisaxísticas. A mostra pode contemplarse ata o próximo 31 de decembro, na planta baixa –entrada- da Casa do Concello de Rábade, e do 3 ao 14 de xaneiro próximo estará na Casa da Cultura de Vilalba. Do 3 ao 14 de decembro estivo exposta na Casa Habanera.

Conta atrás para a apertura do Belén Electrónico de Begonte

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

O FIV de Vilalba pecha a XIX Edición con 7.000 asistentes e un millón de euros en recadación

O FIV de Vilalba pechou a súa décimo novena edición cun balance moi positivo,...