InicioLugo e contornaLugo vive unha auténtica treboada de verán

Lugo vive unha auténtica treboada de verán

Houbo varias incidencias por inundacións en rúas como a Ronda das Fontiñas ou a Avenida da Coruña

PUBLICADA O

- Advertisement -

As cidades de Ourense e Lugo sufriron durante a tarde deste luns unha treboada de verán que arroxou unha tromba de auga que sorprendeu a moitos viandantes e condutores.

Meteogalicia activara a alerta por fortes treboadas ata as 21.00 horas deste luns, advertindo que o aire cálido en superficie, pero frío en altura, levaría á inestabilidade como protagonista da xornada, e así foi.

As choivas chegaron con aparello eléctrico e con refachos de vento. No caso da capital ourensá foron moitos os viandantes que buscaron refuxio en soportais e portais ao longo das distintas rúas á espera de que pasase a forte tromba de auga, que se resolveu sen incidencias.

Pero non só choveu na capital, na comarca de Valdeorras, en concreto en Carballeda de Valdeorras a choiva e o vento tamén foi protagonista da tarde. Nesta zona continúan este martes en aviso amarelo por altas temperaturas.

Noutras zonas, como o concello de Allariz, os veciños e visitantes víronse sorprendidos pola sarabia, algo que tamén ocorreu en municipios como Melide ou en Monforte de Lemos.

Así, na provincia de Lugo, ademais de en a capital, onde se rexistraron varias incidencias por inundacións en rúas como a Ronda das Fontiñas ou a Avenida da Coruña, as choivas pola treboada tamén se deixaron notar noutras zonas como Pedrafita do Cebreiro (28,7 l/m2) ou en Abadín (14,9 l/m2).

En canto ás temperaturas, a provincia de Ourense rexistrou tres do cinco temperaturas máis altas de Galicia: 37.8 graos na capital, 37.7º en Leiro e 37.7º en Vilamartín de Valdeorras.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Candia trata medidas con AdisLugo para compatibilizar actividades económicas coas ZBE

  A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión con representantes de AdisLugo, a...