InicioLugo e contornaLugoA alcaldesa define como "satisfactoria" a sentenza que rexeita indemnizar ao promotor...

A alcaldesa define como “satisfactoria” a sentenza que rexeita indemnizar ao promotor de O Garañón

Lembrou Paula Alvarellos, que se dá "por pechada a vía dos tribunais"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, asegurou que a decisión xudicial que reafirma que non haberá indemnización para o promotor das torres de O Garañon era “esperada” e “satisfactoria”.

Así o dixo despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarase firme a sentenza emitida polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo na que se denegaba ao promotor desta construción unha indemnización de 15,4 millóns de euros, que lle reclamaba ao consistorio.

Con esta decisión, lembrou Alvarellos, “dáse por pechada a vía dos tribunais”, e o concello “non terá que facer fronte a ningua indemnización”. “Como xa esperabamos”, apostilou.

Paralelamente, dixo, o consistorio continúa “a súa folla de ruta” para a modificación puntual da PXOM co obxectivo de “lograr que esa parcela pase a ser zona verde de uso público”, indicou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...