InicioSociedade40.000 euros para o cultivo sustentable de froitos do bosque na provincia

40.000 euros para o cultivo sustentable de froitos do bosque na provincia

José Tomei aposta polo rural lucense coa firma dun convenio de colaboración para diversificar o sector primario.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo dará unha axuda de 40.000 euros para “diversificar o sector primario e xerar emprego e valor engadido” á provincia a través dunha rede de oficinas nas que “asesorar” sobre o cultivo sustentable de froitos do bosque.

O presidente da institución, José Tomei, asinou un convenio de colaboración co presidente da Asociación Sectorial Forestal Galega (Asefoga), Jacobo Feijoó Lamas, para “diversificar o sector primario” do rural lucense.

A subvención, que alcanza os 40.000 euros, trátase dun investimento co que fomentar o cultivo deste tipo de froitas na provincia. “As mouras, os arándanos ou as frambuesas son un produto en auxe”, a súa “alta rendibilidade” en pequenas parcelas minifundistas, así como o seu alto valor no mercado, fan delas “un cultivo moi interesante”.

Nesta liña, tamén se van a celebrar varias xornadas técnicas para explicar as diferentes especies que abarcan estas froitas, as distintas técnicas de cultivo que existen e a “oportunidade” que poden supor para a produción agrícola da provincia como “alternativa económica”.

Así mesmo, vanse a fixar puntos de información e asesoramento personalizados nos concellos de Becerreá, Chantada, A Fonsagrada, Guitiriz, Lugo, Monterroso, Viveiro, Sarria e Vilalba. Un servizo presencial e atendido por técnicos especializados, onde as persoas interesadas no proxecto reciban información sobre o cultivo e rendibilidade dos froitos do bosque.

+ posts

ÚLTIMAS

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...