InicioLugo e contornaLugoA compañía de teatro do Campus de Lugo galardoada na mostra de...

A compañía de teatro do Campus de Lugo galardoada na mostra de ‘Teatro Joven’ de Donostia

‘Deixando a pel’ é o título da peza gaña o recoñecemento de mellor obra

PUBLICADA O

- Advertisement -

Deixando a pel da compañía de teatro universitario USC- Lugo obtivo o premio á mellor obra na trixésimo quinta edición da mostra de ‘Teatro Joven’ de Donostia. A peza premiada “danza entre varios mundos, varias personaxes presas da mesma historia que tratarán de sobrevivir nunha sociedade deshumanizada”, tal e como explica a coordinadora da compañía, Andrea González, quen se amosou moi satisfeita ao coñecer a concesión do galardón. A compañía de teatro universitario USC – Lugo está formada por sete mulleres, todas elas universitarias de entre 18 e 30 anos, que intentan expresar a través da arte os problemas actuais co desexo de mobilizar e transformar a sociedade.

Cal é o límite dunha persoa ou saber se é posible oprimir un ser humano “ata que faga o innomeable” son algunhas das cuestións que expón a peza, cuxa temática xira arredor da xuventude, o amor, o suicidio adolescente, a disforia de xénero e a crítica social. A obra foi estreada en abril no trixésimo Festival de Teatro Universitario de Lugo e posteriormente foi representada en Santiago de Compostela (Mostra de Teatro Universitario de Galicia), Pamplona (Mostra de Teatro, UPNA), Ourense (Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense, MITEU), Lisboa (Festival Anual de Teatro Académico de Lisboa, FATAL) e en Donostia (XXXV Mostra de Teatro Joven) onde resultou premiada a pasada fin de semana.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...