InicioSociedadeAbren expedientes para devolver bolsas ao estudo a cinco estudantes de Lugo

Abren expedientes para devolver bolsas ao estudo a cinco estudantes de Lugo

O último expediente, por unha axuda de 154 euros, ábrese por non destinar a totalidade da axuda á finalidade para a que se lle concedeu

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional abriu expedientes de devolución de axudas ao estudo a cinco estudantes de Lugo.

Tal e como recolle o DOG, dáse inicio ao procedemento de reintegro das bolsas e porase a disposición dos interesados os expedientes para que, no prazo de 10 días contados a partir da publicación desta resolución no Boletín Oficial do Estado (BOE), poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Lugo.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación e Formación Profesional, de ser o caso, ditará a resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pago da bolsa.

Con todo, no caso de que o interesado estea conforme coa obrigación de devolver a bolsa, poderá facelo en calquera banco ou caixa de aforros facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, co que se dará por concluído o expediente.

Do cinco recursos abertos, catro son por non destinar a axuda recibida no curso 2022/2023 á finalidade para a que se concedeu, ao non ter xustificado o abono dos servizos de reeducación pedagóxica e reeducación da linguaxe (dúas bolsas de 1.826 euros e outras dúas de 913 euros).

O último expediente, por unha axuda de 154 euros, ábrese por non destinar a totalidade da axuda á finalidade para a que se lle concedeu.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...