InicioLugo e contornaLugoA Audiencia de Lugo condena a un home acusado de vender cocaína

A Audiencia de Lugo condena a un home acusado de vender cocaína

Culpable dun delito contra a saúde pública de sustancias que causan grave dano á saúde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano e seis meses de cárcere e ao pago dunha multa de 276 euros a un home acusado de vender cocaína en Lugo.

Segundo informou o TSXG, o tribunal considerouno culpable dun delito contra a saúde pública de sustancias que causan grave dano á saúde.

A sala considerou probado que, “co ánimo de proceder á venda de sustancias estupefacientes a consumidores”, acudiu o 22 de abril de 2022 a unha rúa de Lugo onde se atopaba un consumidor.

O comprador baixouse do seu vehículo e accedeu ao coche do condenado onde lle vendeu cocaína cunha pureza do 89,4 % e un peso de 0,198 gramos. O valor da sustancia no mercado ilícito ascende a 97,88 euros.

Nese momento, os axentes da Policía Nacional identificaron a ambos os suxeitos e interviñeron ao comprador a cocaína. Ademais, os axentes inspeccionaron o vehículo do condenado e comprobaron que no cadro de mandos tiña un tubo de pegamento tipo varra cunha bolsa de plástico interior, a modo de compartimento.

Ademais, na alfombra do vehículo atoparon dous envoltorios de plástico termosellado que contiña cocaína cunha pureza do 87% e un peso de 0,3373 gramos e o seu valor no mercado ilícito ascende a 179,65 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...