InicioLugo e contornaLugoDenunciado un condutor multirreincidente por delitos contra a seguridade viaria

Denunciado un condutor multirreincidente por delitos contra a seguridade viaria

Comprobouse que carecía de permiso de condución por perda de vixencia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local denunciou en Lugo a un condutor multirreincidente por delitos contra a seguridade viaria, segundo recolle o seu parte de incidencias. Na mañá do luns un equipo de Atestados deu o alto ao condutor dun coche que realizaba unha condución irregular pola rúa Alta.

Ao identificalo, comprobouse que carecía de permiso de condución por perda de vixencia, comprobando, ademais, que desde decembro de 2023 ata a data, fóra investigado en seis ocasiones por delitos contra a seguridade viaria.

Ademais de intruirse dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido, procedeuse á retirada do coche. Ao condutor, de 42 anos e veciño de Lugo, denuncióuselle tamén por infracción á Lei de Seguridade Viaria.

PERSOA DESORIENTADA

Noutra orde de cousas, na tarde do martes unha patrulla da Unidade Territorial da Policía de Barrio de Lugo acudiu á avenida Carballo Calero xa que o interior do autobuús urbano había unha persoa desorientada.

O condutor explicoulles que realizara dúas viaxes completas sen baixarse en ningunha parada e que cando lle preguntou onde ía contestou a Ramil, avisándolle que esa liña non facía o citado percorrido. Ao comprobar que estaba desorientado, deuse aviso a un familiar.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...