InicioSociedadeUn policía local de Lugo fóra de servizo practica un RCP e...

Un policía local de Lugo fóra de servizo practica un RCP e sálvalle a vida

Os sanitarios destacaron que "a rápida intervención" do axente "permitira manter con vida" ao afectado

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un policía local de Lugo que se atopaba fóra de servizo practicou unha manobra de reanimación cardiopulmonar (RCP) a un home de 74 anos, que se atopaba tendido en plena rúa, ata que chegaron os profesionais sanitarios do 061.

Segundo relata o Concello, ocorreu o mércores sobre as 8.45 horas da mañá. Cando este axente, fóra do seu horario laboral, transitaba pola confluencia entre as rúas Ourense e Tui, observou un coche sobre a beirarrúa e coa porta do condutor aberta que lle chamou a atención.

Así, achegouse ata o lugar e observou que había un home no chan, tendido de lado, mentres outras dúas persoas –entre elas, a muller que parara o vehículo– estaban ao seu lado, unha delas chamando ao 061.

O policía, ao comprobar que o home apenas presentaba pulso e que non respiraba, iniciou o RCP e mantívoa durante cinco minutos, ata que chegaron os sanitarios e continuaron con estas manobras, aínda que tamén tiveron que empregar un desfibrilador para conseguir estabilizalo. Posteriormente, foi trasladado ao hospital.

O axente estivo en todo momento en comunicación telefónica co 061 e recibindo as instrucións oportunas. Tamén requiriu a presenza de persoal da Policía Local que estivese de servizo.

Dous indicativos da Unidade Territorial de Policía de Barrio foron os encargados de asegurar a zona, cortar o tráfico e identificar o home, que resultou ter 74 anos, e a varias testemuñas. Así, puideron localizar ao fillo do afectado para informarlle do ocorrido.

O persoal sanitario confirmou que se trataba dunha parada cardiorrespiratoria con fibrilación ventricular e que, posiblemente, “a rápida intervención” do axente fóra de servizo “permitira manter con vida ao home afectado”, tal e como destaca o Concello de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...

Méndez cre que o papel de María Reigosa “demostra que Candia mercadea con Lugo” e avisa: “Pasará factura”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, cre que o papel de María...

Candia comeza o seu mandato retirando unha bandeira palestina e reuníndose con representantes do persoal municipal

A popular Elena Candia arrincou a súa nova etapa como alcaldesa de Lugo e...

O “equipo” de Candia: sete tenentes de alcalde e María Reigosa como non adscrita

O novo goberno municipal de Lugo presidido por Elena Candia xa está en marcha....