InicioLugo e contornaLugoLugo cítase coa Endiometrose este sábado nunha xornada chea de actividades

Lugo cítase coa Endiometrose este sábado nunha xornada chea de actividades

O programa conta con dúas ponencias, lectura do manifesto, concentración e exposición fotográfica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Con motivo do Día Mundial da Endiometrose, o sábado 16, a asociación de mulleres con Endiometrose, Querendo, realiza unha xornada de divulgación en Lugo, xa que cada ano soen realizala nunha área sanitaria. Cristina expón o programa: “Pola mañá temos dúas ponencias, unha é de Jorge Alonso, que é xinecólogo da consulta específica do HULA e a outra é Sara Iglesias, presidenta de Querendo e fisioterapeuta, que falará da importancia do solo pelviano. Despois, leremos un manifesto e teremos unha pequena concentración na Praza Maior e, xa pola tarde, teremos a inauguración da exposición fotográfica do colectivo Tecendo. Son tres artistas, tres mulleres con endometriose, dúas delas son socias de Querendo, e entendemos que plasman perfectamente nas súas composicións o que é vivir con endiometrose, da dor e moitas veces como nos chegamos a sentir”. 

Contan coa colaboración dos catro colexios farmacéuticos de Galicia, que imprimen os seus dípticos, con información avalada pola Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía para estar en todos os mostradores das farmacias de Galicia. Continuando coa divulgación, tamén realizan diferentes charlas, nas bibliotecas tamén poñen un recuncho con libros que tratan específicamente a endiometrose, ademáis dos dípticos e carteis. “Estamos moi contentas”, expón Cristina. 

+ posts

ÚLTIMAS

O Pleno de Lugo aproba iniciar o expediente de nomeamento de Xoán Montes como fillo predilecto

  O Pleno do Concello de Lugo aprobou hoxe por unanimidade unha proposta que impulsou...

CCOO chama á unidade sindical para negociar o convenio do comercio de alimentación en Lugo

A Federación de Servizos de CCOO Galicia fixo un chamamento ao resto de organizacións...

Vicepresidencia da Deputación e o CB Breogán dan apoio a ASORLU no último partido da tempada

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, o director xeral do CB Breogán...

Cáritas Lugo alerta: medran os migrantes atendidos e os maiores sós, pero “a pobreza ten cara de muller”

Un total de 7.834 persoas foron atendidas por Cáritas Diocesana de Lugo ao longo...