InicioLugo e contornaLugoO PP pide unha unidade de violencia de xénero na policía local...

O PP pide unha unidade de violencia de xénero na policía local de Lugo

"Só falan deste tema en campaña electoral ou cando se celebra algunha data significativa como a que terá lugar o día da muller traballadora", din desde o PP lugués.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo pediu que se active “dunha vez por todas” a unidade específica de violencia de xénero da Policía Local para que a cidade deixe de ser a única das grandes urbes galegas que está fóra do Viogén.

Nun comunicado, o PP local pide que se active “dunha vez por todas” esta unidade específica que traballaría en colaboración co Viogén para proporcionar unha resposta coordinada e efectiva nos casos de violencia de xénero.

O edil popular Enrique Rozas indicou que levan esta iniciativa ao pleno municipal porque “o goberno socialista e nacionalista” leva cinco anos “evitando” facer o trámite de adhesión a este protocolo do Ministerio do Interior.

O concelleiro do PP criticou as declaracións nas que a edil Ana Abelleira, na súa opinión, “tenta xustificar a falta de vontade do goberno local en participar neste programa” e sostivo que “se acabou o tempo de escusas”.

“Só falan deste tema en campaña electoral ou cando se celebra algunha data significativa como a que terá lugar o día da muller traballadora”, dixo.

O concelleiro popular manifestou que o seu grupo político é consciente de que Lugo necesita contar con máis axentes e cubrir todos os postos que aparecen na RTP municipal ata alcanzar o número de efectivos que recomenda a Unión Europea (de 1,8 axentes de policía local cada 1.000 habitantes).

Isto, segundo indicou o PP de Lugo, supón que a cidade debería ter entre 175 e 180 axentes e lembra que este factor era coñecido desde hai anos. Dito isto, sinala que “gobernar é decidir” e asegura que para o PP é “prioritaria” esta unidade.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...