InicioLugo e contornaLugoLugo acolle o Festival de poesía As Lupercais

Lugo acolle o Festival de poesía As Lupercais

Xuntaranse voces de aquí con voces doutros puntos do país e da península durante os sábados 2 e 9 de marzo.

PUBLICADA O

- Advertisement -


O Festival de poesía As Lupercais celebrará a súa terceira edición, en Lugo, durante os sábados 2 e 9 de marzo. A cita deste ano comezará o primeiro día coa inauguración da exposición de debuxos da artista Paula Luís na galería Solaina, á cal seguirá un recital de poesía a cargo da propia Paula Luís e o poeta asturiano Diego Solís.

O sábado 9 será o día central do festival coa intervención de doce poetas en tres sesións. Abrirán a xornada, ás 12.30 horas, Branca Novoneyra, Eva Teixeiro, Jesús Castro Yáñez e Brais García, estando este último acompañado á guitarra por Rafa Fernández.

Pola tarde, a primeira lectura será ás 18.30, co poeta portugués José Rui Teixeira, seguido de Almudena Otero Villena, Ánxela Gracián e o xienense Carlos Catena. Para rematar, ás 20.00 horas, contará con Oriana Méndez, María Reimóndez o barcelonés Unai Velasco e a Cordobesa María Sánchez. Xuntaranse, así, voces de Lugo con voces doutros puntos do país e da península.

Con esta terceira edición, o Festival das Lupercais quere consolidarse definitivamente coma un evento de referencia, un punto de encontro de mans dadas coas participantes e co público.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...