InicioSucesosFerido un veciño do Corgo tras saltar pola xanela da súa vivenda...

Ferido un veciño do Corgo tras saltar pola xanela da súa vivenda cando se declarou un incendio

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home resultou ferido nas últimas horas tras saltar desde a xanela dunha vivenda en chamas no Corgo, e foi evacuado ao Hospital Lucus Augusti.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 20,30 horas deste domingo, e foi o persoal sanitario da PAC do Corgo o que avisou a Emerxencias, xa que o veciño ferido acudiu polos seus propios medios a este centro.

Este persoal contactou co 112 para explicar que un veciño saltara pola xanela da súa casa ao declararse un incendio, para escapar das lapas, e que se ferira.  O 112 informou do ocorrido aos bombeiros de Sarria e á Garda Civil, así como como a persoal de Urxencias Sanitarias 061, que trasladaron ao home ferido ao hospital. Os bombeiros extinguiron as chamas e comprobaron que o lume calcinara unha habitación, aínda que o fume estendeuse por toda a vivenda.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...