InicioPolíticaRueda pide "maioría ampla" para non ter en Galicia outro "independentismo socio...

Rueda pide “maioría ampla” para non ter en Galicia outro “independentismo socio de Cataluña”

O candidato do PPdeG defende as "medidas realizables" do seu programa e carga contra o "totalitarismo ideolóxico" do BNG

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta e candidato do PP para as eleccións autonómicas do 18 de febreiro, Alfonso Rueda, solicitou este mércores en Lugo o apoio da cidadanía para lograr nas urnas unha “maioría suficiente” fronte a un independentismo “socio de Cataluña” do BNG que, dixo, “non lle convén a Galicia”.

O que está a pasar en España é unha copia do que queren facer aquí, exactamente cos mesmos protagonistas. Un PSOE que di amén con tal de manter o posto en Madrid e un independentismo socio dos que están a facer isto en Cataluña”, declarou Rueda, para acto seguido augurar “peor fortuna” aos nacionalistas galegos argumentando que “os que mandan non son os de aquí senón os de alí: os cataláns e un pouco os vascos”.

Hai que ter orzamento, cousa que aquí temos e en España aínda non“, puntualizou Alfonso Rueda, antes de agregar, facendo alusión novamente á situación en Cataluña, que “non haberá Lei de Orzamentos en España ata que non haxa Lei de Amnistía para Puigdemont”.

O “TOTALITARISMO IDEOLÓXICO” DO BNG

“Preocúpame que o BNG leve no seu programa a substitución das provincias e non creo que a Lugo lle conveña que desapareza a estrutura das provincias. Iso está no programa do BNG aínda que non o queiran contar. Como tamén está a imposición monolingüística ou a reivindicación da independencia”, manifestou Rueda, para despois indicar que “aínda que non poidan cambialo, o independentismo catalán está a conseguir impornos a todos cousas que tampouco queremos”.

Tamén denunciou o presidente da Xunta de Galicia o “totalitarismo ideolóxico” do que fai gala, ao seu xuízo, o BNG, ao “dicir que non se pode autorizar en Galicia un só parque eólico máis”. “Se non o facemos aquí vano a facer noutros sitios. Esa formulación demagóxica de dicir ‘eólicos si, pero non así’ non é máis que un slogan paralizante”, asegurou Alfonso Rueda.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...