InicioEconomíaFuncionarios do Estado piden unha solución ante problemas hixiénicos pola folga de...

Funcionarios do Estado piden unha solución ante problemas hixiénicos pola folga de limpeza en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Persoal dos Servizos Periféricos da Administración do Estado en Lugo remitiu un escrito á subdelegada do Goberno na provincia alertando da afectación que está teniedo a folga da limpeza nos seus centros de traballo, e pediu a intervención da Administración para facer cumprir á concesionaria do servizo.

No seu comunicado, a Xunta de Persoal sinala que este conflito derivou nun problema de hixiene “que están a sufrir os empregados e empregadas públicas, e os administrados que acoden ás dependencias”.

Así mesmo, sinalan que unha das demandas do colectivo en folga é o incremento salarial, porque a maioría de soldos están por baixo do SMI.

Respecto diso, e tendo en conta que a subida do SMI foi acordada polo Goberno central, debe ser a administración contratante a que “deberá esixir que as empresas contratadas cumpran co seu labor”, e pediu que “poña do seu parte para poder solucionar un conflito que se está alongando no tempo”.

+ posts

ÚLTIMAS

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...

O BNG apoiará a mobilización de usuarios nas residencias das Gándaras, en Lugo

A concelleira do BNG no Concello de Lugo Cristina López sumouse á nova mobilización...

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun...

O encontro Detrás dos Mestre Mateo reivindica Lugo como “centrop de creación cultural”

A deputada de Cultura Iria Castro reivindicou Lugo como “centro de creación cultural” no...