InicioPolíticaSánchez destaca o "potencial" de Lugo para situarse á vangarda contra o...

Sánchez destaca o “potencial” de Lugo para situarse á vangarda contra o cambio climático

Visitou Impulso Verde é o primeiro edificio público de Galicia construído integramente en madeira galega e implica un aforro enerxético do 74%

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, destacou o “potencial” das cidades de España, como Lugo, para situarse á “vangarda da sustentabilidade” mediante a adaptación ao cambio climático, a adopción de medidas de aforro enerxético e a reutiización de recursos.

Acompañado do delegado do Goberno, Pedro Branco, Sánchez visitou este sábado o edificio Impulso Verde, o primeiro construído en madeira, e asistiu a unha presentación do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico, que engloba a construción deste edificio no marco do Programa Life, único instrumento financeiro da Unión Europea destinado de forma exclusiva á acción climática, segundo lembra o Goberno.

Impulso Verde é o primeiro edificio público de Galicia construído integramente en madeira galega e implica un aforro enerxético do 74% fronte ás construcións xa existentes e de 700 toneladas de CO2 respecto dos edificios convencionais.

A súa construción supón o primeiro paso no desenvolvemento do futuro Barrio Multiecológico de Lugo, un modelo de resiliencia urbana para lograr unha adaptación efectiva ao cambio climático.

A construción estrutural de vivendas en madeira, a reutilización de augas pluvialesy residuos ou a aplicación de medidas de aforro enerxético son algunhas das claves do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico, que busca dotar ás zonas verdes públicas dunha maior utilidade climática e enerxética, máis aló da súa simple función ornamental. Ademais, este proxecto supón un amplo impacto social pola súa capacidade de concienciación enerxética e climática aplicada ao ámbito educativo.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...

Carmela López e Miguel Fernández examinan as obras en Adolfo Suárez “acceso esencial para a intermodal”

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...