Home Lugo e contorna Lugo 18F.- Rueda presentará este sábado en Lugo o seu “contrato” cos galegos para o próximos catro anos

18F.- Rueda presentará este sábado en Lugo o seu “contrato” cos galegos para o próximos catro anos

0
18F.- Rueda presentará este sábado en Lugo o seu “contrato” cos galegos para o próximos catro anos
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.. Rosa Veiga - Europa Press

O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alfonso Rueda, elixiu Lugo para presentar as propostas do programa electoral co que se presenta ás eleccións galegas do próximo 18 de febreiro, isto é o seu “contrato” coas galegas e galegos para o próximos catro anos.

Segundo informou o PP, o candidato á Presidencia da Xunta explicará o documento no que se recollen as principais medidas do seu proxecto para continuar á fronte do Goberno de Galicia. Os populares lucenses subliñan que Rueda elixe Lugo como escenario de “un dos actos máis importantes” previo ás autonómicas.

O acto terá lugar o vindeiro sábado, 27 de xaneiro, ás 12,00 horas, no Pazo de Feiras e Congresos, e nel participarán tamén a cabeza de lista pola provincia, Elena Candia, e o coordinador do programa, Valentín García.

+ posts