InicioSociedadeXuíces piden reforzos para a sección civil e mellora dos tempos de...

Xuíces piden reforzos para a sección civil e mellora dos tempos de espera de informes en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez e Díaz-Castroverde, desprazouse este mércores a Lugo para coñecer as demandas dos xuíces e xuízas da Audiencia Provincial e dos órganos unipersonales da localidade.

Segundo informou o TSXG, estes últimos debateron durante a reunión sobre a redución dos tempos de espera de informes do Imelga, especialmente os psicosociais, e sobre como paliar a entrada de asuntos nalgunhas xurisdicións.

Pola súa banda, os maxistrados da Audiencia Provincial solicitaron reforzos para a sección civil, co obxectivo de rebaixar a bolsa de causas pendentes. Nestes momentos, a sección xa está reforzada cunha xuíza de adscrición territorial, destinada ao órgano polo presidente do TSXG.

Os órganos xudiciais de Lugo, segundo os últimos datos dispoñibles, ingresaron entre xaneiro e setembro do ano pasado 19.707 procedementos, un 7,4% máis que nas mesmas datas de 2022, e resolveron 18.549, un 1,9% máis. Os casos en trámite -14.004- aumentaron un 10,7%.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...