InicioSociedadeSanidade nega o "colapso" no Hula e a situación é "a habitual...

Sanidade nega o “colapso” no Hula e a situación é “a habitual en picos” de epidemia

No Hula, dixo Sanidade, todos os pacientes ingresados este mércores teñen cama asignada e a maioría subiu a planta de hospitalización ao longo da mañá.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade asegurou este xoves que “non hai tal colapso” nas Urxencias do Hula, como denuncia o BNG e a CIG, aínda que se unha “carga de traballo considerable” consecuencia dos procesos respiratorios, e apuntou que “ningún paciente demora máis de 12-18 horas en ser trasladado a planta”.

Segundo explicaron fontes da consellería, a situación de máis carga de traballo é a “habitual en todos os picos epidémicos”, que fan que “os fluxos de atención sexan máis lentos”.

En todo caso, garantiron que “isto nunca afecta a pacientes con necesidades asistenciais prioritarias ou graves”. No Hula, dixo Sanidade, todos os pacientes ingresados este mércores teñen cama asignada e a maioría subiu a planta de hospitalización ao longo da mañá.

“Ningún paciente demora máis de 12-18 horas en ser trasladado a planta”, garantiu Sanidade, que engadiu que a previsión de camas hospitalarias dispoñibles para a garda deste xoves “é en principio suficiente”.

As presenzas de profesionais en Urxencias mantéñense neste centro, “con reforzos en función da dispoñibilidade e voluntariedad do persoal”. “Refórzanse as presenzas de tarde na planta de hospitalización para axilizar altas e, no momento actual, mantense a programación cirúrxica”, engaden.

ÚLTIMAS

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...

Investigan catro veciñas de Vilalba por presunto delito de furto

A Garda Civil investiga a tres veciñas de Vilalba (Lugo), de...

A Deputación e empresarios da provincia abordan alianzas entre Galicia e Uruguay

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e empresarios abordaron alianzas estratéxicas entre...