InicioSociedadeO segundo premio da Lotaría de Nadal vendeuse en Lugo

O segundo premio da Lotaría de Nadal vendeuse en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número 58.303 resultou agraciado co segundo premio do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, dotado con 1.250.000 euros á serie. O número foi cantado ás 13.02 horas no terceiro arame da novena táboa. Vendeuse en varios municipios galegos, entre eles as cidades da Coruña, Lugo e Ferrol.

O número deixou un total de 220 millóns de euros en oito municipios galegos. O montante principal caeu na Coruña. Nesta cidade, unha administración situada en rúa Nova, número 4, vendeu 1.300 décimos, polo que a cantidade repartida ascende a 162,5 millóns de euros. Ademais, un establecemento de Lotarías no Grove, situado na rúa Luís Seoane, repartiu outros 56,2 millóns de euros, con 450 boletos vendidos en total.

Tamén se venderon en: Ferrol (3 décimos, na administración de rúa Terra), Sanxenxo (3 décimos, praia de Silgar), Lugo (2 décimos, Ronda das Fontiñas), Nigrán (2 décimos, rúa Manuel Lemos), Gondomar (un décimo, rúa San Benito) e O Porriño (un décimo, rúa Ramón González). O número foi cantado ás 13.02 horas no terceiro arame da novena táboa.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...