InicioSucesosDenunciado o mozo que circulou a 229 km/h nunha estrada de 90...

Denunciado o mozo que circulou a 229 km/h nunha estrada de 90 km/h en Vilalba e subiuno a redes

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil denunciou a un condutor de 21 anos de idade, investigado por un suposto delito de condución temeraria e un de condución a velocidade excesiva, que se gravou a si mesmo circulando a 229 km/h por unha vía de Vilalba coa velocidade limitada a un máximo de 90 km/h.

Segundo informaron fontes da Comandancia de Lugo, os feitos ocorreron na estrada LU-120 (Vilalba-Paraxes), e o condutor gravouse supostamente cun móbil agarrado coa man esquerda. Nas imaxes obsérvase como acelera o vehículo ata alcanzar unha velocidade de 229 km/h, “nunha zona próxima a vivendas, pasando varios cruzamentos perigosos debidamente sinalizados e cruzándose polo menos cun ciclista e outros dous vehículos“.

A Garda Civil sinalou que estes feitos poden ser “constitutivos de delito de condución temeraria e condución a velocidade excesiva”, contraviniento “as máis elementais normas de seguridade e con evidente risco” non só para o propio condutor senón para o resto de usuarios da vía.

Tras unha laboriosa investigación, a Garda Civil logrou identificar o vehículo utilizado e ao suposto condutor, que está investigado como presunto autor de dous delitos contra a seguridade viaria (condución temeraria e condución a velocidade excesiva). A persoa investigada e as dilixencias practicadas foron postas a disposición do xulgado de instrución de Vilalba (Lugo).

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...