InicioLugo e contornaLugoO polígono das Gándaras verá comezar a súa amplización no primeiro trimestre...

O polígono das Gándaras verá comezar a súa amplización no primeiro trimestre de 2024

PUBLICADA O

- Advertisement -

As obras para a ampliación do polígono empresarial das Gándaras en Lugo, que recibirá un investimento da Xunta de 8,5 millóns de euros e contará cunha nova superficie urbanizada de 220.000 metros cadrados con prezos de venda bonificados nun 50%, arrincarán “no primeiro trimestre de 2024”.

Así o asegurou este venres, na súa visita á sede da Asociación de Empresarios do Polígono O Ceao-As Gándaras, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen explicou que o obxectivo central da Xunta de Galicia é converter Lugo “nun polígono de referencia”.

“As obras empezarán no primeiro trimestre de 2024. Se podemos facelo en febreiro non imos esperar a marzo”, manifestou a conselleira, para acto seguido revelar que á licitación da obra presentáronse “un total de 16 empresas” e que a Xunta “seguirá bonificando o 50%” do prezo de venda do chan industrial.

“Xa se abriron os sobres das empresas que se presentaron para esta obra. No momento en que fagamos a adxudicación definitiva serán os 15-20 días de rigor para asinar o contrato e que comecen as obras”, finalizou Ángeles Vázquez, antes de remarcar a importancia de “pór en valor” unha cidade e un polígono que representan, dixo, “un tractor moi importante” para a economía da provincia.

VIVENDA PÚBLICA

A vicepresidenta segunda da Xunta aproveitou tamén a súa presenza en Lugo para anunciar que as obras para a construción das 158 vivendas públicas proxectadas no barrio lucense de Garabolos “comezarán en 2024” e estarán terminadas, vaticinou, “en dous anos aproximadamente”.

“Lugo é a segunda cidade onde hai máis xente agardando por unha vivenda pública”, explicou a conselleira, quen manifestou a súa preocupación pola situación do lote de 58 vivendas sociais pendentes de construción no barrio do Castiñeiriño. “Aínda non temos noticia algunha dese cambio que se comprometeu o Concello a facer do Castiñeiriño porque parecía que alí non querían vivenda pública. Se seguimos así Lugo vai perder a oportunidade de ter outras 58 vivendas e iso non se pode consentir”, concluíu.

ÚLTIMAS

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...

Investigan catro veciñas de Vilalba por presunto delito de furto

A Garda Civil investiga a tres veciñas de Vilalba (Lugo), de...

A Deputación e empresarios da provincia abordan alianzas entre Galicia e Uruguay

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e empresarios abordaron alianzas estratéxicas entre...