InicioEconomíaOs orzamentos da Deputación de Lugo para 2024 serán de 116 millóns,...

Os orzamentos da Deputación de Lugo para 2024 serán de 116 millóns, centrados en “máis servizos públicos”

"Un esforzo investidor enorme, co que estamos a facer o que non fai a Xunta de Galicia na provincia", sostivo a deputada de Economía, Mayra García Bermúdez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo disporá en 2024 dun orzamento de 116 millóns, un 5,32 por cento máis respecto ao actual exercicio, segundo púxose de manifesto na súa aprobación, na sesión plenaria. Nela, incidiuse en que se busca promover “máis servizos públicos e dinamismo económico” na provincia.

As políticas sociais concentran un terzo do orzamento para, entre outras medidas, as residencias de maiores, o financiamento do SAF dos concellos ou a teleasistencia. “Un esforzo investidor enorme, co que estamos a facer o que non fai a Xunta de Galicia na provincia”, sostivo a deputada de Economía, Mayra García Bermúdez.

Entre outras partidas, o goberno provincial incrementa o plan de cooperación cos concellos ata os 21,75 millóns, o que supón un 20% do orzamento; un 11% os fondos para a mellora da mobilidade e un 7,6% as partidas vinculadas cos sectores produtivos estratéxicos, como o primario e o turismo.

Por outra banda, a Deputación de Lugo esixiu á Xunta que garanta a oferta lectiva do Campus Terra e que modifique o Decreto 222/2011 que xustifica unha redución de graos en base ao criterio dunha cota mínima de 45 alumnos por titulación no caso do espazo universitario situado na capital da provincia. Así se acordou no pleno deste martes tras unha moción socialista que contou coa unanimidade da Cámara.

Antes de entrar á sesión provincial, o presidente da Deputación, José Tomé, remarcou que “o campus de Lugo naceu da man da Deputación e ao longo dos anos a institución provincial foi un alicerce fundamental” no seu crecemento. Tamén dixo que “se o que van facer Xunta e universidade é recortar titulacións a Deputación non vai seguir colaborando”.

Noutra orde de cousas, a institución mostrou a súa apoyoa as traballadoras da limpeza da provincia nas súas reivindicacións laborais por un convenio colectivo digno. Foi tras a aprobación dunha proposta do goberno provincial que insta á patronal e á Xunta a facilitar a negociación con este colectivo despois de semanas de conflito.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...