InicioLugo e contornaLugoOs Ancares lucenses conseguen a certificación 'Destino Turístico Starlight'

Os Ancares lucenses conseguen a certificación ‘Destino Turístico Starlight’

A Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerrea conseguiu a certificación 'Destino Turístico Starlight', unha acreditación que concede durante catro anos a Fundación Starlight --impulsada polo Instituto de Astrofísica de Canarias-- que está concibida para protexer mediante diferentes actuacións o ceo nocturno e desenvolver as potencialidades do turismo de estrelas no territorio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerrea conseguiu a certificación ‘Destino Turístico Starlight’, unha acreditación que concede durante catro anos a Fundación Starlight –impulsada polo Instituto de Astrofísica de Canarias– que está concibida para protexer mediante diferentes actuacións o ceo nocturno e desenvolver as potencialidades do turismo de estrelas no territorio.

“Este Goberno cre nun turismo baseado nas experiencias, de calidade, sustentable, que xera riqueza e emprego e que aproveita as potencialidades da nosa provincia, como o noso rico patrimonio natural, cultural e paisaxístico”, celebrou a deputada provincial de Réxime Interior, Promocióndel Territorio e Turismo, Pilar García Porto.

Segundo trasladou a Deputación, unha vez conseguida a distinción, o seguinte paso será pór en marcha unha mesa de traballo para abordar as actuacións de carácter astronómico e astroturístico necesarias para adaptar as fontes de luz á actividade de observación das estrelas e impulsar servizos e recursos turísticos especializados.

Entre as condicións de iluminación esixibles para manter este recoñecemento Starlight, as fontes de luz exterior deberán ser con reducida emisión na parte azul do espectro visible e ultravioleta,sempre coa lonxitude de onda por baixo dos 500 nanómetros; evitar sobreiluminar, axustando os niveis segundo as necesidades de uso e características da vía; ou a instalación de sistemas de regulación e control da iluminación a partir de certas horas nas que diminúe a actividade.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...