InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo e a Policía Local tentan reducir o tráfico...

O Concello de Lugo e a Policía Local tentan reducir o tráfico rodado ao Centro Histórico

A alcaldesa Lara Méndez explicou así que a campaña terá, "inicialmente e durante un tempo prudencial".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Alcaldía de Lugo, en coordinación coa Policía Local, puxo en marcha un dispositivo especial para reducir ao mínimo imprescindible o paso do tráfico rodado ao Centro Histórico.

Así o anunciaba este martes a rexedora Lara Méndez xunto ao Intendente Xefe deste corpo, Jesús Piñeiro.

A medida obedece á petición que nos trasladaron os veciños da Asociación Barrio Centro de Lugo para tratar de minorar o impacto que estaba a ter sobre as zonas peonís o paso de turismos, mellorando, así mesmo, a seguridade viaria en toda a contorna”, apuntaron.

“Atendemos deste xeito, nunha nova ocasión, as demandas da cidadanía para tratar de diminuír as molestias que se van detectando conforme execútanse as diferentes fases das obras contempladas dentro do proxecto Corazón Verde, articulando as correccións máis apropiadas en cada caso“, engadiu a alcaldesa.

Lara Méndez explicou así que a campaña terá, “inicialmente e durante un tempo prudencial”, un carácter informativo e, posteriormente, será sancionadora de reiterarse incumprimentos continuados á mesma.

“O dispositivo de vixilancia comezou esta mesma semana e consistirá na realización de controis aleatorios aos turismos que circulen intramurallas, atendendo aos diferentes accesos existentes e á finalidade coa que foron habilitados polo Concello“, indicou, á vez que avanzou un cambio da sinalización actual por outra de maior tamaño e máis esclarecedora.

Pola súa banda, o Intendente Xefe da Policía Local, Jesús Piñeiro deu conta de que se destinarán, como mínimo, dous indicativos diarios a este labor, “especialmente en horarios nos que se rexistra unha maior concentración de tránsito”.

Jesús Piñeiro afirmou tamén que os primeiros días as indicacións terán carácter de advertencia pero, posteriormente, a Policía Local poderá aplicar sancións que alcanzan os 80 euros (40 euros se se abona en pronto pago) en aplicación á normativa de seguridade viaria por respectarnos as prohibicións establecidas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...