InicioLugo e contornaGuntínTres feridos en dous accidentes de tráfico nos municipios lugueses de Guntín...

Tres feridos en dous accidentes de tráfico nos municipios lugueses de Guntín e Pantón

Tres persoas resultaron feridas en dous accidentes de circulación rexistrados este luns nos municipios lugueses de Guntín e Pantón.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres persoas resultaron feridas en dous accidentes de circulación rexistrados este luns nos municipios lugueses de Guntín e Pantón. Segundo informaron o CIAE 112 Galicia e a Garda Civil, o primeiro dos sinistros produciuse ás 10.10 horas na estrada N-540 ao seu paso pola parroquia de Guntín de Pallares.

Alí, un turismo sufriu unha saída de vía e acabou dando varias voltas de campá. O seu condutor resultou ferido e tivo que ser trasladado en ambulancia a un centro hospitalario.

Ás 14.00 horas, na parroquia de Sengüín do municipio de Pantón, tres turismos protagonizaron unha colisión en cadea que se saldou con dúas persoas feridas. As vítimas tiveron que ser atendidas polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061, que decidiron a súa evacuación a un hospital.

ÚLTIMAS

Sae a subasta por case 800.000 euros o local da centenaria pastelaría Madarro de Lugo

A Sección Civil de Execución do Tribunal de Instancia de Lugo dirixe a poxa...

O BNG pedirá no Congreso melloras no servizo de Correos na comarca de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou novas iniciativas para reclamar ao...

Un matrimonio de avanzada idade falece nun choque entre un camión e un turismo en Antas do Ulla

Dúas persoas, un matrimonio de avanzada idade, faleceron este martes nun accidente de tráfico...

Os gandeiros manteñen a tractorada en Lugo e o BNG denuncia a “competencia desleal” de Mercosur

Os gandeiros de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, concentrados na cidade de Lugo...