InicioAncaresBarallaAvalían a antiga casa cuartel de Baralla para rehabilitar e crear vivendas...

Avalían a antiga casa cuartel de Baralla para rehabilitar e crear vivendas de aluguer social

A vicepresidenta segunda da Xunta, Anxos Vázquez, e o alcalde de Baralla (Lugo), Miguel González, reuníronse recentemente para avaliar o proxecto de rehabilitación da casa cuartel do municipio para destinala a vivendas en réxime de aluguer social.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A vicepresidenta segunda da Xunta, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Baralla, Miguel González, reuníronse recentemente para avaliar o proxecto de rehabilitación da casa cuartel do municipio para destinala a vivendas en réxime de aluguer social.

Neste encontro, tal e como informa o Goberno galego, a tamén conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda explicou ao rexedor a posibilidade de que esta obra se financie ao amparo do fondo de cooperación para conservación do patrimonio en municipios de menos de 50.000 habitantes. O prazo de solicitudes acabará o 31 de outubro.

A maiores, como Baralla ten menos de 20.000 veciños, tamén podería optar a axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas que sexan de titularidade municipal. O apoio da Xunta alcanzará ata o 95 por cento do orzamento protexido das obras; iso si, ata un máximo de 50.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...

A CIG denuncia a “criminalización” dos traballadores que enferman este 1 de Maio

Centos de persoas saíron á rúa en Lugo, no acto central convocado polo sindicato...