InicioEconomíaAvances na tramitación da intermodal de Lugo: a terminal de buses e...

Avances na tramitación da intermodal de Lugo: a terminal de buses e o aparcadoiro licitaranse este ano

A terminal terá unha superficie de 550 m2 e distribuirase en dúas plantas. Na parte de dársenas disporase un interior con espazos diáfanos nos que se atopen as zonas de atención a viaxeiros ou a cafetaría e a planta superior destinarase a usos administrativos e instalacións da xerencia da terminal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Goberno galego aprobou o proxecto da terminal de autobuses da estación intermodal de Lugo, que suporá un investimento autonómico que rolda os 13,7 millóns de euros, segundo avanzou o presidente galego, quen avanzou novos pasos antes de que finalice este 2024. En concreto, a Xunta prevé licitar conxuntamente as obras da terminal de autobuses e do aparcadoiro subterráneo antes de finalizar este ano. Rueda agregou que, deste xeito, quedarían adxudicadas “na primeira parte” de 2024, e iniciaríanse ao longo deste exercicio.

O acordo do Executivo autonómico deste xoves culmina así a tramitación urbanística do proxecto ao amparo da Lei 3/2016, de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese, que permite reducir os prazos de tramitación. Deste xeito, o Goberno galego ordena o inicio do procedemento de alteración da ordenación urbanística, conforme a Lei do solo de Galicia, e avanza cara á dotación á cidade de Lugo dunha nova infraestrutura de transporte esencial como nexo de comunicación e garante “dun modelo de mobilidade máis sustentable”.

Ao amparo do convenio asinado o pasado mes de marzo con Adif e co concello de Lugo, o Goberno galego vaise a facer cargo da construción e financiamento da terminal de autobuses, que formará parte da futura estación intermodal. A Xunta financia o 100 % da construción dun edificio de viaxeiros e unha zona de dársenas con capacidade para 18 autobuses, máis cinco de regulación, cun investimento de 8,5 millóns de euros.

A terminal terá unha superficie de 550 m2 e distribuirase en dúas plantas. Na parte de dársenas disporase un interior con espazos diáfanos nos que se atopen as zonas de atención a viaxeiros ou a cafetaría e a planta superior destinarase a usos administrativos e instalacións da xerencia da terminal.

FINANCIAMENTO DO APARCADOIRO

Pero ademais, Rueda destacou que a Xunta vai asumir case o 40 % do custo (o 37,50 %), por tanto 4,7 millóns, para construír o aparcadoiro da intermodal (xusto debaixo da terminal de autobuses) con 240 prazas. Segundo explicou, a Xunta “incrementa nun 50 %” a contía que lle correspondería destinar polo financiamento da terminal de autobuses, xa que afronta tamén parte dos custos do aparcadoiro, que é un proxecto de Adif. “A previsión é iniciar as obras no ano 2024, de maneira coordinada cos traballos da estación do ferrocarril, que lle corresponde executar a Adif”, remarcou o presidente galego.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...