InicioLugo e contornaA Policía auxilia unha muller en Lugo por violencia machista despois de...

A Policía auxilia unha muller en Lugo por violencia machista despois de ter un accidente

A Policía Local de Lugo informou do auxilio a unha muller que, tras sufrir un accidente de circulación co seu vehículo, asegurou ser vítima de violencia machista e temer o momento de comunicarlle o sinistro á súa parella, dado que este "habitualmente insultábaa e ameazaba", ademais de "obrigala a manter relacións sexuais sen o seu consentimento".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo informou do auxilio a unha muller que, tras sufrir un accidente de circulación co seu vehículo, asegurou ser vítima de violencia machista e temer o momento de comunicarlle o sinistro á súa parella, dado que este “habitualmente a insultaba e ameazaba”, ademais de “obrigala a manter relacións sexuais sen o seu consentimento”.

Os feitos, segundo informan os axentes, producíronse durante a mañá deste luns. Foi entón cando axentes da unidade de Atestados, no momento no que atendían un accidente de circulación rexistrado na cidade puideron observar que unha das condutoras implicadas presentaba un estado de nerviosismo e alteración que “non era compatible coa escasa entidade” do accidente.

Os axentes profundaron nos motivos do seu estado e, segundo trasladan, requiriron un vehículo camuflado no que a muller foi trasladada a dependencias policiais para a activación do correspondente protocolo por un suposto delito de violencia machista.

OUTROS OPERATIVOS NA CIDADE

A Policía local tamén informou doutros operativos realizados ao longo do luns. Durante a mañá, nun dispositivo de vixilancia de ‘gorrillas’ na contorna do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), trasladaron que se detectaron tres persoas que, meténdose na calzada, causaban perturbaban a circulación e poñéndose en risco. Foron denunciados e advertidos de que debían cesar a súa actividade, e ausentáronse do lugar.

Ademais, procedeuse ao auxilio dun home que caeu da cadeira de rodas nun garaxe da cidade, dado que a persoa que lle acompañaba non era capaz de levantalo.

Así mesmo, ás 1,30 horas deste martes, os axentes do Grupo Operativo Nocturno foron comisionados nun domicilio da Rúa Pai Sarmiento, do que procedía música con volume elevado e causaba molestias aos veciños. Tras contactar co residente na vivenda, este dixo estar de celebración familiar e apagou o reprodutor musical.

ÚLTIMAS

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...

Un operativo contra os locais de lecer nocturno en Lugo remata cun detido e 39 identificados

Un home foi detido por un suposto delito de atentado contra un axente da...

CC.OO. esixe a dimisión da edila de Persoal do Concello de Lugo

Comisións Obreiras (CC.OO.) esixiu a dimisión inmediata da concelleira de Persoal do Concello de...