Home Lugo e contorna Lugo Lugo Monumental denuncia que unha rúa do centro histórico leva pechada un cuarto de século

Lugo Monumental denuncia que unha rúa do centro histórico leva pechada un cuarto de século

0
Lugo Monumental denuncia que unha rúa do centro histórico leva pechada un cuarto de século
Rúa do Moucho, en Lugo, pechada desde 1999 / Lugo Monumental

En xuño de 1999 comezáronse as obras do Vicerreitorado e desde aquel momento ata o de agora a Rúa do Moucho está pechada ao paso. Así o denuncia Lugo Monumental que lembra que esta rúa é significativa porque non só é parte do paseo interior da Muralla senón que está a escasos metros do monólito que sinaliza os tres patrimonios da Humanidade da cidade.

Ademais, critica que o valo que pecha o paso e o apontoamento dunha casa particular están apoiados nada menos que na propia Muralla Romana de Lugo. Lugo Monumental puxo en coñecemento do Concello e a Xunta de Galicia este tema en maio de 2022 sen que ata o momento houbese movemento algún, polo que reitera a súa denuncia ante ambas as administracións.

“A poucos meses de cumprirse 25 anos de parálises, a rúa segue pechada ao tránsito peonil, algo que non pode menos que causar estupor pola desidia e deixamento que as administracións implicadas están a ter respecto a este asunto. Por moito que a casa en cuestión sexa de titularidade particular, a afectación ao paso por unha rúa durante lustros converte esta cuestión nun asunto público”, denuncia a entidade.

Ante esta situación a Asociación reitera as súas denuncias e non descarta levar a cabo outras accións para lograr desbloquear este asunto.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here