InicioSociedadeO comisario principal da Policía Nacional en Lugo deixa o cargo por...

O comisario principal da Policía Nacional en Lugo deixa o cargo por xubilación despois de 40 anos de servizo

Esteban del Corral foi condecorado nunha decena de ocasións, entre elas, con cruces ao mérito policial, á dedicación ao servizo policial ou ao mérito da Garda Civil, entre outras.

PUBLICADA O

- Advertisement -

José María Esteban del Corral deixa o cargo de comisario principal da Policía Nacional en Lugo por xubilación e pon fin a 40 anos de servizo. Este venres, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, mantivo un encontro co ata agora máximo responsable da Policía Nacional en Lugo, ao que agradeceu os seus anos de traballo e a súa dedicación ao servizo público.

Graduado en Criminoloxía pola Universidade Rey Juan Carlos, ingresou no Corpo Nacional de Policía en abril de 1983, segundo sinala a Delegación do Goberno nun comunicado. Ocupou varios postos de responsabilidade en comisarías de Asturias, Navarra e País Vasco ata a súa chegada a Xefatura Provincial de Lugo en 2018, onde exerceu como Comisario Principal desde 2021. Esteban del Corral foi condecorado nunha decena de ocasións, entre elas, con cruces ao mérito policial, á dedicación ao servizo policial ou ao mérito da Garda Civil, entre outras.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...