InicioSociedadeAsitencia a maiores e 'economía prateada', principal debate este venres na conferencia...

Asitencia a maiores e ‘economía prateada’, principal debate este venres na conferencia europea sobre envellecemento

Este venres a Conferencia de Alto Nivel sobre Envellecemento organizada en Lugo con motivo da presidencia española da Unión Europea arrincou ás 9.30 horas coa apertura dos paneis técnicos a cargo da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; a comisaria de Democracia e Demografía, Dubravka Suica; o secretario xeral para o Reto Demográfico, Francesc Xavier Boya; e o secretario de Estado para a Unión Europea, Pascual Navarro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os problemas asistenciais aos maiores e a denominada como ‘economía prateada’ son os principais puntos de debate este venres na Conferencia de Alto Nivel sobre Envellecemento organizada en Lugo con motivo da presidencia española da Unión Europea.

Este venres a xornada arrincou ás 9.30 horas coa apertura dos paneis técnicos a cargo da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; a comisaria de Democracia e Demografía, Dubravka Suica; o secretario xeral para o Reto Demográfico, Francesc Xavier Boya; e o secretario de Estado para a Unión Europea, Pascual Navarro.

Tamén participou a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, que destacou o impulso do Goberno para afrontar o reto demográfico e incidiu en que estas achegas “axudan a debuxar no horizonte” un tema “tan relevante para a provincia de Lugo”, que conta cunha das poboacións máis envellecidas de España. “Un problema agravado polo éxodo do rural, que está a provocar unha perda de dereitos e servizos básicos, necesitando dos proxectos e solucións debatidos nesta cita”, sinalou.

No primeiro panel, titulado ‘Envellecemento, Lonxevidade e Demografía na Axenda europea’, participaron expertos e representantes da Confederación Empresarial Española da Economía Social (Cepes) e da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur). O segundo panel abordou a coñecida como ‘economía prateada’ e a problemática asistencial dos maiores. Alí, o deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón, expuxo o modelo dos Centros de Atención a Maiores implantado pola entidade provincial “como medida replicable en Europa”.

Concretamente, lembrou que a Deputación apostou desde 2007 por crear un modelo público de atención aos maiores “innovador e eficaz” fronte ao reto demográfico. “Un modelo deseñado para reconverter o alto índice de envellecemento da provincia nunha oportunidade de desenvolvemento sustentable“, comentou. Destacou ademais a boa acollida do sistema, sendo o modelo asistencial aos maiores da Deputación “xa un referente en España e Europa”, recoñecido polo Goberno central e exposto en tres ocasións na Semana Europea das Rexións e Cidades.

Nestes últimos anos pasamos de tres Centros de Atención a Maiores en funcionamento, a ter hoxe nove residencias abertas, co que multiplicamos por tres o número de centros en marcha nos que ofrecemos 300 prazas asistenciais e cos que creamos uns 230 empregos directos, o 95 % deles ocupados por mulleres“. “Algo vital para afrontar o reto demográfico”, asegurou. Tras unha posta en común das conclusións e recompilar as principais ideas para a súa posible implementación para a futura lexislatura comunitaria, a clausura do acto correu a cargo do secretario de Estado para a Unión Europea, Pascual Navarro.

ÚLTIMAS

División de opinións na Asociación Forestal de Galicia sobre Altri: o 52% de socios apoia e o 40%, rexeita

Unha enquisa realizada pola Asociación Forestal de Galicia entre os seus socios sobre o...

Volve a neve en plena primavera á provincia de Lugo este sábado

Varios puntos da provincia de Lugo rexistran nevadas na mañá deste sábado de finais...

Morre Cristina Pérez Herraiz, concelleira en Lugo entre 2015 e 2019

A exconcelleira do Concello de Lugo Cristina Pérez Herraiz faleceu este sábado a consecuencia...

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...