InicioDeportesA Deputación de Lugo reclama a dimisión de Rubiales polo seu "deplorable...

A Deputación de Lugo reclama a dimisión de Rubiales polo seu “deplorable comportamento”

Nun comunicado, o goberno provincial que encabeza o socialista José Tomé reclama a dimisión de Rubiales e manifesta que confía en que se adopten "as medidas máis contudentes" contra feitos que apelan a "erradicar de todos os ámbitos" da sociedade para "seguir avanzando cara á igualdade real e efectiva das mulleres".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo censurou o “deplorable comportamento” do presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Luís Rubiales, por “tentar culpabilizar á vítima” e “atacar e desprezar ao feminismo” durante a súa comparecencia deste venres ante a asemblea do órgano que rexe o fútbol español, onde manifestou a súa vontade de permanecer no cargo a pesar das peticións de dimisión polo bico non consentido á xogadora Jennifer Fermoso na entrega de premios do Mundial feminino.

Nun comunicado, o goberno provincial que encabeza o socialista José Tomé reclama a dimisión de Rubiales e manifesta que confía en que se adopten “as medidas máis contudentes” contra feitos que apelan a “erradicar de todos os ámbitos” da sociedade para “seguir avanzando cara á igualdade real e efectiva das mulleres”.

Para a deputación, as manifestacións feitas ante a asemblea da RFEF de Rubiales “agravan aínda máis o deplorable comportamento que vén demostrando desde o pasado domingo, machista e prepotente, que resulta inaceptable e incompatible coa representación que ostenta”.

Así pois, instou ao Goberno central a que empregue os resortes legais “ao seu alcance” para inhabilitar ao presidente do máximo organismo do fútbol español, quen “confunde o perdón e a desculpa coa prepotencia e co machismo máis rancio, culpando aos demais do seu mal comportamento, que son socialmente inaceptables, e facendo ofertas con diñeiro público da Federación para comprar vontades”.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...