InicioLugo e contornaLugoAs reformas na Avenida das Américas en Lugo comezan este luns para...

As reformas na Avenida das Américas en Lugo comezan este luns para completalas este mes

"Comezamos coa renovación da parte final da rúa, a que comunica coa N-540, e con esta nova intervención cumprimos o obxectivo de renovar esta rúa por completo", explicou o tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tenente de alcaldesa de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que este luns comezará a renovación da Avenida das Américas. “O obxectivo é que esta renovación se complete durante este mesmo mes”, asegurou.

En concreto, intervirase no tramo da avenida que vai desde a rúa Pomar ata a Fonte dos Ranchos, garantindo o bo estado dunha das rúas de Lugo que máis tráfico acolle.

“Comezamos coa renovación da parte final da rúa, a que comunica coa N-540, e con esta nova intervención cumprimos o obxectivo de renovar esta rúa por completo”, explicou o tenente de alcaldesa.

Nunha primeira fase, correspondente ao corte da Avenida das Américas desde a praza Fonte dos Ranchos, ata a rúa Pomar, a saída da cidade distribuirase por dúas vías alternativas.

A primeira delas corresponderá ao itinerario Rolda do Carme desde a praza da Fonte dos Ranchos, Marqués de Ombreiro, rúa Alcalde Carlos V. Pimentel e glorieta da Avenida das Américas.

A segunda comezará na praza da Fonte dos Ranchos, Rúa Doutor Ochoa, rúa da Saúde e rúa Pomar, na que se cambiará o sentido da circulación. Estes cambios afectarán ás liñas 5DS, 5.1, 5E, 5.2, 8 e 11 que, despois de superar os tramos provisionais con parada nas rúas indicadas, incorporaranse de novo cumprindo o percorrido habitual.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...