InicioMedioambiente e PatrimonioUn incendio xa controlado queima 10 hectáreas en Vilalba durante a noite...

Un incendio xa controlado queima 10 hectáreas en Vilalba durante a noite do domingo

Varios medios de extinción, terrestres e aéreos, foron mobilizados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Varios medios de extinción, terrestres e aéreos, foron mobilizados na noite do domingo ao luns por un incendio que xa está controlado e que queimou unhas 10 hectáreas en Vilalba. Segundo informa a Consellería do Medio Rural, o lume iniciouse na parroquia de Belesar sobre as 20.30 e quedou controlado ás 00.53 horas.

Ata o momento, traballaron neste incendio cinco axentes, dez brigadas, unha cuadrilla, nove motobombas, unha pa, dous avións e dous helicópteros. De acordo cos datos da Xunta, oito hectáreas son de monte raso, mentres que dúas son de superficie arborada.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Ferido grave tras chocar contra un cabalo na autovía A-6 ao seu paso polas Nogais

Un home resultou ferido grave na noite do martes tras chocar o vehículo no...

Denunciada unha condutora que cuadriplicaba a taxa de alcol e chocou contra outro coche en Lugo

A Policía Local de Lugo instruíu nas últimas horas varias denuncias en materia de...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...