InicioMedioambiente e PatrimonioA perda de diversidade de aves, o outro efecto do despoboamento en...

A perda de diversidade de aves, o outro efecto do despoboamento en Galicia

As áreas de Galicia con maior proporción de terra abandonada presentan menos abundancia e riqueza de aves, segundo constatan investigadores da USC

PUBLICADA O

- Advertisement -

Alberto Quián | A riqueza e abundancia de especies de aves diminúe co abandono das terras en zonas rurais e aumenta coas prácticas agrícolas. Esta é a principal conclusión dunestudo realizado en 234 parcelas de 39 aldeas galegas cunha media de 24 habitantes, asinado por científicos da Área de Ecoloxía e do Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoxía Física da Universidade de Santiago de Compostela.

Os investigadores rexistraron un total de 1.548 individuos de aves pertencentes a 56 especies, (en Galicia reprodúcense 154 especies de aves). Os datos mostran que as áreas con maior proporción de terra abandonada presentan menos abundancia de aves e menos riqueza de especies.

Tanto a riqueza como a abundancia de aves foron maiores en áreas onde se dedica proporcionalmente máis superficie á agricultura que cando as matogueiras dominan os terreos. Con todo, este efecto do abandono da terra na riqueza de especies é amortecido pola altitude. É dicir, nos sitios de maior altitude o abandono humano non ten un efecto tan negativo na riqueza de aves (a altitude media das aldeas da mostra foi de 708 metros).

A riqueza das especies de aves increméntase coa altitude e aumenta coa diversidade do hábitat. En concreto, atopouse que o efecto da agricultura e a altitude interactúan entre si. Pero o efecto do uso da terra agrícola sobre a riqueza das especies é positivo e máis forte (o dobre) que o efecto da altitude.

 

Os autores defenden a novidade do seu estudo contra outros previos, xa que inclúe o efecto da altitude na relación entre a diversidade do hábitat e a riqueza de especies. Segundo os investigadores, o efecto do abandono do rural podería explicar parte da razón pola cal en Galicia e en España as poboacións de aves vinculadas aos sistemas agrarios mostran unha tendencia negativa.

Política Agraria

Os investigadores defenden que estes resultados deberían levar a adoptar un enfoque de conservación que favoreza as prácticas tradicionais, como a agricultura de subsistencia, para evitar o abandono da terra e axudar a manter a diversidade aviaria vinculada aos sistemas humanos.

“O mantemento de mosaicos rurais debe ser incluído nas prioridades da política agrícola”, propoñen os científicos, para os que “as políticas rexionais que protexen as actividades humanas tradicionais e os usos da terra, como a agricultura de subsistencia, poden axudar a manter a diversidade de aves vinculada aos sistemas humanos e conservar os medios de vida tradicionais”.

O estudo, titulado ‘Bird richness decreases with the abandonment of agriculture in a rural region of SW Europe’, foi publicado na revista científica Regional Environmental Change e está asinado por Luis Salaverri, José Guitián, Ignacio Munilla e Mar Sobral.

“Life In Common Land é un proxecto demostrativo pero ambicioso”

ÚLTIMAS

Feridos os dous ocupantes dun coche que sufriu unha saída de vía e impactou contra un muro en Vilalba

Os servizos sanitarios tiveron que prestar atención aos dous ocupantes dun turismo que sufriu...

División de opinións na Asociación Forestal de Galicia sobre Altri: o 52% de socios apoia e o 40%, rexeita

Unha enquisa realizada pola Asociación Forestal de Galicia entre os seus socios sobre o...

Volve a neve en plena primavera á provincia de Lugo este sábado

Varios puntos da provincia de Lugo rexistran nevadas na mañá deste sábado de finais...

Morre Cristina Pérez Herraiz, concelleira en Lugo entre 2015 e 2019

A exconcelleira do Concello de Lugo Cristina Pérez Herraiz faleceu este sábado a consecuencia...